Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O uso do galego, mérito para conceder axudas aos comercios Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 15 de Maio do 2008   |   Galiza
tourino_quintana
O Parlamento galego aprobou, cos votos a favor dos deputados do PSdeG e do BNG e o rexeitamento do PPdeG, unha iniciativa na que reclama á Xunta que incorpore "a implicación das empresas no uso do galego" como un criterio na concesión de axudas públicas aos comercios ou dos contratos de estes coa Administración.
A Cámara tamén reclama que en todas as axudas se introduza "unha cláusula de promoción do galego". Así mesmo, a proposición aposta por incentivar a rotulación interior e exterior en galego e por fomentar o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a comerciantes, asociacións e entidades do sector.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira, promotor da iniciativa, considerou que "é obriga dos poderes públicos actuar en defensa dos dereitos lingüísticos" e arremeteu contra o PP porque, segundo el, as emendas que presentou, e que non foron aceptadas, "rebaixan os contidos" previstos no Plan de Normalización Lingüística da Galiza.

"Nada por debaixo do plan de normalización", advertiu Lobeira. Ademais, acusou ao PP de ser "refén" de determinados medios de comunicación e denunciou que coa súa actitude, este partido na Galiza -a quen definiu como "sucursal galega do PP"-, non vai contra os nacionalismos, senón que "combate a identidade do país".

O PP votou en contra da proposta e unha vez máis non foi posible lograr na Cámara un consenso en materia lingüística, unha cuestión que tampouco se logrou no decreto sobre o galego no ensino nin no frustrado proceso de reforma estatutaria. 

O deputado popular Maximino Rodríguez destacou que a súa formación é partidaria das axudas para o uso do galego, tras o cal xustificou a súa decisión de votar en contra en que debe tamén se garantir que os comerciantes poidan rotular os establecementos no idioma que consideren máis axeitado aos seus intereses.

Finalmente, avisou de que o "alarmismo" sobre a situación do galego "se volve contraproducente" e defendeu o "galeguismo aberto, cordial e integrador do PP".

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image