|
San Gil perdeu a confianza en Rajoy |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Xoves, 15 de Maio do 2008 |
Estatal
|
|
A presidenta do PP vasco, María San Gil, aproveitou o encontro
que mantivo con Mariano Rajoy para trasladarlle personalmente os
argumentos que espuxo en público para retirarse do Relatorio Político.
Así, nunha conversa
moi franca e directa, a dirixente vasca
díxolle a Rajoy que perdera a confianza nel. Así mesmo, reprochoulle
unha certa falta de liderado. As dúas partes, a petición de
Rajoy, conviñeron a posibilidade de celebrar proximamente unha reunión
a soas para tentar superar a crise, xa que no encontro,
ademais de improvisado, contou coa presenza da cúpula do PP vasco. |
O líder
popular reiterou tamén, como fixo o martes nos corredores do Congreso, que
segue defendendo as mesmas posicións da lexislatura pasada e que non
vai cambiar de estratexia. Tamén destacou que sigue sendo o mesmo
de sempre, que o PP ten un programa que seguirá defendendo.
O encontro finalizou sen avances, xa que segundo fontes do PP vasco, as
cousas seguen como estaban cando María San Gil dixo en roda
de prensa que perdera a confianza na dirección e que se non a recupera
retiraríase.
A reunión, que durou aproximadamente hora e media, tivo lugar nun hotel
próximo ao aeroporto vitoriano de Foronda, desde onde o líder do PP ía
coller un avión para regresar a Madrid, logo de viaxar á capital vasca para
visitar aos feridos e a capela ardente do garda civil que faleceu no
atentado da ETA contra a casa cuartel da localidade de Legutiano.
Rajoy tamén reiterou nunha das súas
intervencións que aínda que o PP vive un momento difícil, el ten ganas,
está apoiado pola maioría do partido e considera que sairán adiante.
Comentarios () |
|
|
|
|
|