Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Colaboración con Cabo Verde Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 15 de Maio do 2008   |   Internacional
caboverde2
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o embaixador de Cabo Verde en España, Arnaldo Andrade Ramos, destacaron a intensa colaboración existente entre ambos países (habería que preguntarse se entre Galiza ou España con Cabo Verde, vai ser que falamos da galiza, non si?) en ámbitos como a pesca e o turismo, e acordaron estender e reforzar esta cooperación nos ámbitos da construción naval e os intercambios en materia de universidades e cultura.
Así o decidiron na reunión que tiveron en Santiago, durante a que analizaron os proxectos de colaboración que o Executivo autonómico mantén con Cabo Verde dende que en marzo de 2007, coa visita do primeiro ministro caboverdiano a Galiza, José María Pereira Neves, se concretaron diversos convenios en materias de pesca, téxtil e construción.

No encontro de onte Pérez Touriño e Andrade Ramos abordaron a enorme potencialidade que supón o desenvolvemento pesqueiro para Cabo Verde e as posibilidades de investimentos para Galiza, co fin de aproveitar os caladoiros africanos de importancia que se atopan perto das illas.

Igualmente, o máximo responsable da Xunta acordou co embaixadador caboverdiano abrir novas liñas de colaboración en materia de construción naval e a posta en marcha de intercambios en materia universitaria e cultural.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image