Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Primeira tradución de Cortázar en galego para nenos Imprimir Correo-e
Venres, 16 de Maio do 2008   |   Cultura
kalandraka- 

KALANDRAKA celebra o Día das Letras Galegas e a semana na que se inscribe esta data co lanzamento da primeira tradución ao galego de Julio Cortázar para público infantil. "Discurso do oso", con ilustracións de Emilio Urberuaga e publicado tamén en portugués, é un relato que pertence ao libro "Historias de cronopios y de famas", onde o autor arxentino reúne unha serie de relatos imposibles, co humor surrealista que caracteriza o seu estilo narrativo.  

Unha obra que reflexiona sobre a estraña e solitaria vida dos seres humanos e que permite achegarlles aos lectores máis novos a obra dun dos grandes escritores da literatura universal, aderezada neste caso cunha proposta estética da que destaca a súa riqueza cromática.

Outra das apostas de KALANDRAKA para este mes de maio é a tradución de "Galego á beira do mar", de Juan Farias (A Coruña, 1935), unha obra na que o autor galego traza unha conmovedora historia chea de afecto, nostalxia e melancolía sobre as lembranzas dun ancián. Esta última obra de Farias -cuxa traxectoria foi recoñecido co Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil e co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil- destaca pola precisión coa que describe o mundo rural e mariñeiro, con ilustracións de Xosé Cobas (Negreira, 1953).

Precisamente, da filla de Juan Farias, Marta Farias, é o relato titulado "A viaxe do bisavó", que KALANDRAKA tamén vén de presentar. Trátase dun álbum infantil ilustrado por Aitana Carrasco que aborda cuestións como a emigración, a mestizaxe, a coexistencia entre culturas e os lazos de unión con Latinoamérica.

Por outra parte, chega ás librarías e bibliotecas o quinto volume da colección de ópera para nenos, editado en galego e en portugués. "Porgy & Bess" é unha adaptación de Joan de Déu Prats e ilustracións de Daniel Jiménez. O libro contén un CD con música de jazz interpretada por Ella Fitzgerald e Louis Armstrong a partir da ópera composta por George Gershwin en 1935. Este título súmase aos xa existentes: "A frauta máxica", de Mozart, "Aida" de Verdi, "O barbeiro de Sevilla" de Rossini, e "Orfeo e Eurídice" de Gluck.

Ademais, KALANDRAKA participa esta semana nunha actividade organizada en Ponteceso (A Coruña) pola Asociación Cultural Monte Branco, en colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. No marco das ‘Festiletras’, a editorial desenvolve a Campaña de Animación á Lectura "Cantar e contar", con sesións de contos e música tradicional para preto de 500 escolares da bisbarra de Bergantiños, e unha exposición de ilustracións orixinais dos artistas Marc Taeger, Federico Fernández, Óscar Villán, Alicia Suárez, Sofía F. Rodríguez e Ana Míguez, pertencentes aos libros "A verdadeira historia de Carapuchiña", "Chibos chibóns", "O coelliño branco", "O Reiseñor" e "Os sete cabritos", respectivamente.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image