Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Combater a ignorancia con poesía Imprimir Correo-e
Venres, 16 de Maio do 2008   |   Comunicación
blogues
A Rede de Blogueiras/os en Defensa do Galego “Blogues pola Lingua” (BpL), xa  ten 120 blogues adheridos apenas 48h após o seu nacemento.  Por outra banda o blogue de BpL, www.bloguespolalingua.org está a piques de conseguir as 5.000 visitas.

Estos datos revelanse para as/os promotoras/es da iniciativa todo un éxito que xustifican en que “no blogomillo (a blogosfera galega) había moitas ganas de facer algo propio en defensa do galego” e sosteñen que “Blogues pola Lingua” vai ter continuidade máis aló da manifestación nacional do domingo 18 de maio.

Entre as/os blogueiras/os máis coñecidas/os que apoian BpL cabe destacar ao debuxante Kiko Da Silva, o director de Edicións Xerais, Manolo Bragado, e os escritores Xabier P. Docampo e Marta Dacosta.

Co gallo da celebración mañá sábado 17 de maio do Día das Letras Galegas, Blogues pola Lingua vai desenvolver unha acción denominada “Combater a ignorancia con poesía” que consistirá en que todos os blogues adheridos van escribir unha mesma entrada en cadansúa bitácora co poema de Celso Emilio Ferreiro “Deitado frente ó mar” (Longa Noite de Pedra).

Dende a comisión promotora da rede sinalan que “só da máis profunda e pobre das ignorancias pode nacer o auto-odio que vertebra o discurso que proclaman, envelenando, as/os que se din de lingua bífida” que pretenden contrarestar dun xeito orixinal co comprometido texto de Celso Emilio Ferreiro.

“Trátase de combater dunha maneira imaxinativa toda a campaña de despropósitos que estamos a presenciar en nome do bilingüismo” afirman.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image