
| Que marchen antes de que cheguen os turistas |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 17 de Maio do 2008 | Confidencial | |||
"No hotel só ían estar o tempo imprescindible para que o Concello, con axuda da Xunta buscase unha situación definitiva", admitiu o alcalde de Poio, Luciano Sobral, quen xa trasladou este novo contratempo á Comisión de Integración, creada por Vicepresidencia da Xunta, para abordar o conflito creado polos realoxos das familias xitanas. O rexedor explicou que "o propio hotel antes de que chegásemos a un acordo puxo de manifesto a posibilidade de que antes de chegar ao verán, no mes de xuño, ter os cuartos libres" O establecemento hoteleiro elixido polo Concello de Poio é un edificio de apartamentos e cuartos simples que se atopa moi próximo ao asentamento chabolista e que conta con 53 dormitorios. Sobral explicou que aínda non teñen unha solución para estas familias.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|