Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Que marchen antes de que cheguen os turistas Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 17 de Maio do 2008   |   Confidencial
anxo O propietario do hotel de Poio no que foron realoxadas provisionalmente dúas familias xitanas do Vao urxiu ao Concello que abandonen os cuartos antes da tempada de verán. O empresario recordou ao concello que "o compromiso inicial de aceptar estas familias era un realoxo provisional", logo de abandonar os pisos do barrio pontevedrés de Monteporreiro. 

"No hotel só ían estar o tempo imprescindible para que o Concello, con axuda da Xunta buscase unha situación definitiva", admitiu o alcalde de Poio, Luciano Sobral, quen xa trasladou este novo contratempo á Comisión de Integración, creada por Vicepresidencia da Xunta, para abordar o conflito creado polos realoxos das familias xitanas.

O rexedor explicou que "o propio hotel antes de que chegásemos a un acordo puxo de manifesto a posibilidade de que antes de chegar ao verán, no mes de xuño, ter os cuartos libres"

O establecemento hoteleiro elixido polo Concello de Poio é un edificio de apartamentos e cuartos simples que se atopa moi próximo ao asentamento chabolista e que conta con 53 dormitorios. Sobral explicou que aínda non teñen unha solución para estas familias.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image