
| Día das Letras Galegas |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 17 de Maio do 2008 | Galiza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A súa primeira novela "En el pueblo hai caras nuevas" (1945) foi finalista do Premio Nadal. Os seus poemarios máis destacados inclúen os títulos "Poemas de ti e de min" (1949), escrito co seu irmán Emilio, "Roseira do teu mencer" (1950), "Romance do pescador peleriño" (1954) e "Cancioneiro de Monfero" (s. XIII) (1953), que o autor presentou como textos medievais auténticos.
Tamén escribiu obras cun carácter máis persoal e intimista como "Canle segredo" (1954). Toda a súa obra poética publicada, mais algúns inéditos e outros que foron aparecendo noutras publicacións, recóllense na antoloxía "Obra galega completa" (1987).
Como ensaísta destacan os seus estudos de literatura "Escolma de poesía medieval" (1975) e "Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX" (1959). No xénero narrativo en galego publicou "Os ruíns" (1936) e "A pega rabilonga e outras historias de tesouros" (1971).
FIGURAS HOMENAXEADAS
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|