Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Día das Letras Galegas Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 17 de Maio do 2008   |   Galiza
alvarezblazquez2

A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar o 'Día das Letras Galegas' do 2008 ao escritor Xosé María Álvarez Blázquez, nado en 1915 en Tui (Pontevedra) e falecido en Vigo en 1985. 

A súa primeira novela "En el pueblo hai caras nuevas" (1945) foi finalista do Premio Nadal. Os seus poemarios máis destacados inclúen os títulos "Poemas de ti e de min" (1949), escrito co seu irmán Emilio, "Roseira do teu mencer" (1950), "Romance do pescador peleriño" (1954) e "Cancioneiro de Monfero" (s. XIII) (1953), que o autor presentou como textos medievais auténticos.

Tamén escribiu obras cun carácter máis persoal e intimista como "Canle segredo" (1954). Toda a súa obra poética publicada, mais algúns inéditos e outros que foron aparecendo noutras publicacións, recóllense na antoloxía "Obra galega completa" (1987).

Como ensaísta destacan os seus estudos de literatura "Escolma de poesía medieval" (1975) e "Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX" (1959). No xénero narrativo en galego publicou "Os ruíns" (1936) e "A pega rabilonga e outras historias de tesouros" (1971).

 

 

FIGURAS HOMENAXEADAS

2008 - Xosé María Álvarez Blázquez
2007 - María Mariño
2006 - Manuel Lugrís Freire
2005 - Lorenzo Varela
2004 - Xaquín Lorenzo Fernández
2003 - Avilés de Taramancos (Antón Avilés Vinagre)
2002 - Frei Martín Sarmiento
2001 - Eladio Rodríguez
2000 - Manuel Murguía
1999 - Roberto Blanco Torres
1998 - Poetas Medievais da ría de Vigo (Martín Códax, Mendinho e Johan de Cangas)
1997 - Ánxel Fole
1996 - Xesús Ferro Couselo
1995 - Rafael Dieste
1994 - Luís Seoane
1993 - Eduardo Blanco Amor
1992 - Fermín Bouza Brey
1991 - Álvaro Cunqueiro Mora
1990 - Luís Pimentel
1989 - Celso Emilio Ferreiro
1988 - Ramón Otero Pedrayo
1987 - Francisca Herrera Garrido
1986 - Aquilino Iglesia Alvariño
1985 - Antón Losada Diéguez
1984 - Armando Cotarelo Valledor
1983 - Manuel Leiras Pulpeiro
1982 - Luís Amado Carballo
1981 - Vicente Martínez Risco
1980 - Alfonso X o Sabio
1979 - Manuel Antonio
1978 - Antonio López Ferreiro
1977 - Antón Villar Ponte
1976 - Ramón Cabanillas Enríquez
1975 - Xoán Manuel Pintos Villar
1974 - Xoán Vicente Viqueira
1973 - Manuel Lago González
1972 - Valentín Lamas Carvajal
1971 - Gonzalo López Abente
1970 - Marcial Valladares Núñez
1969 - Antonio Noriega Varela
1968 - Florentino López Cuevillas
1967 - Manuel Curros Enríquez
1966 - Francisco Añón
1965 - Eduardo Pondal
1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1963 - Rosalía de Castro
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image