
| Feijóo antidemócrata |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 20 de Maio do 2008 | Galiza | |||
"Creo que se alguén se presenta ás eleccións de forma conxunta o ha de facer de forma transparente, que as coalicións teñen que pasar polas urnas, cun equipo único e un liderado único, porque é o mellor modo de que non volvese suceder na Galiza o que está a pasar nesta lexislatura", manifestou. O dirixente galego resaltou a "división" que ao seu entender existe no Goberno da Xunta. Afirmou que o "pecado orixinal" do Executivo de Emilio Pérez Touriño dende o principio da lexislatura foi precisamente a "división", cegados polo "obxectivo común" de que o PP non gobernase, con dous "medio-presidentes", ao incluír como máximo responsable ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, ademais da Touriño. O que non di é que de non ser o PP a forza máis votada esta fórmula tampouco lle ía facer gracia, xa que tampouco lle fixo nunca ascos aos pactos foran con quen foran. A FAVOR DO BILINGÜISMO. Feijóo denunciou na súa intervención que a normativa lingüística do Goberno galego "deixou a porta aberta para que as clases en educación primaria e secundaria se impartan só en galego", este tipo de políticas "empobrece" a educación. Daquela tamén a empobrecerá que se impartan en español, que é o que está a acontecer de xeito maioritario nas escolas. Dixo así ser partidario de fomentar o "bilingüismo" na Galiza, de forma que exista "liberdade" para elixir a lingua na que aprender nas escolas e que, ao mesmo tempo, se impulsen políticas para "conservar e protexer a lingua galega". "Cando un quere demasiado a outro acaba afogándoo, e os nacionalistas afogan o galego", sinalou. Se propón a liberdade de elección da lingua na que aprender nas escolas, logo como é que non hai opción a aprender en galego? Cantas escolas imparten as aulas intregamente en galego? (Agás as outras linguas, inglés en inglés, español en español, francés en francés) Por que se está a ensinar galego como quen ensina ruso? Protexer e conservar a lingua galega? como? meténdoa nunha lata? ou ensinándoa nun museu de linguas mortas ou de especies raras? Afogar afogan eles a unha lingua que, sendo propia, a tratan como lixo que agochar baixo unha alfombra. O amor demóstrase amando, e o xesto de amor máis grande a unha lingua é falala, defendela contra vento e marea con toda a fachenda do mundo, é sentila saíndo dos teus beizos cada día desde que acordas a até adormecer.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|