
| Ence a punta Langosteira? |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 20 de Maio do 2008 | A Coruña | |||
Marón xustificou o seu rexeitamento a instaurar a fábrica, tanto na ría coruñesa coma na de Ferrol, no efecto contaminante de Ence: "Non é aceptable baixo ningún punto de vista o traslado da celulosa Ence aos portos exteriores da Coruña e Ferrol polo grave risco que suporía para as nosas costas". A concelleira de Facenda recordou que A Coruña "leva anos loitando por ter unhas rías non contaminadas, e as estacións depuradoras de augas residuais que se están a construír nestes momentos son a nosa grande esperanza para as rías". Marón expresou tamén a súa comprensión cara ao desexo dos pontevedreses de que Ence inicie unha nova etapa con tecnoloxía punta que impida unha contaminación tan agresiva como a actual, pero insistiu en que non se pase o problema da ría de Pontevedra á da Coruña. "Estaremos vixiantes", afirmou.
E máis vixiantes aínda estaremos os coruñeses e ferroláns para que non intenten meternos a ENCE na nosa casa.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|