Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A Toxa pírase Imprimir Correo-e
Victoria Díaz   |   Mércores, 31 de Xaneiro do 2007   |   Victoria Díaz

“As deslocalizacións non só teñen efectos económicos, senón que repercuten directamente na vida emocional dos traballadores: cada vez que unha empresa se vai  a outro país, os empregados teñen un sentimento de baleiro. É como un longo matrimonio que sen saber por que se rompe”  R. Sennett

Hai uns días escoitet na SER as lamentacións dun traballador da Toxa.

Falaba con pena, a súa empresa, na que fora traballador fiel, pechaba.

O home non entendía.

Dicía que tiña traballado horas extras, cando a empresa llo pedira, aumentara o seu ritmo de produción, cando a empresa o necesitou.

Traballara en noites non previstas, domingos e festivos…

Era a súa empresa…

Como podía ser que agora os deixáse na estacada?

O afecto que el tiña pola empresa non fora correspondido.

Fora durante anos a súa única empresa, non lle tiña sido infiel.

Non podía comprender a crueldade con que a empresa pasaba del e se fora a Eslovenia.

Daba a sensación de que o deixara a súa esposa.

Se lese ao sociólogo Richard Sennett, comprendería que este é o capitalismo do século XXI.

Non se trata de que a empresa lle teña unha raiba persoal, que lle moleste a súa ubicación actual…

Trátase de que en Eslovenia terá máis ganancias.

Isto non fai máis que comezar no noso País.

Tivemos o susto de Calvo en Carballo, pero aí hai circunstancias persoais que fan que Calvo sexa unha empresa diferente, os seus principais accionistas son, aínda, os fillos e netos do fundador don Luís Calvo Sanz e a planta de Carballo é algo moi especial para eles. Aí seguen a funcionar o afecto e os sentimentos.

O traballador actual terá que afacerse a cambiar de traballo, a cambiar de destino, incluso a traballar por conta propia, a dividir as súas horas de traballo en diferentes empresas.

Non é novo. O meu propio pai traballaba ao cabo do día en catro ou cinco empresas diferentes. O que é novo é que á nova empresa, lle importan tres pitos os seus traballadores.

Así que, recoméndolles que garden os seus afectos para o ámbito do privado.

Serán vostedes máis felices e na empresa fagan o que hai que facer, vender o seu esforzo de xeito temporal.

E cando as barbas do seu veciño vexan mollar… pensen que vostedes poden estar no seu lugar calquera día.

 

Terminarei con outra conclusión de R. Sennett

“A globalización non explica suficientemente ben os cambios que sufriu a vida laboral, tamén tivo lugar unha gran revolución tecnolóxica e se producíron cambios nas institucións e as empresas.

Todos estes cambios favoreceron que o obxectivo actual das persoas sexa ser produtivas”
Comentarios (3)add
1
Fran
As empresas só queren máis e máis beneficios.

Xaneiro 31, 2007

2
Anxo D.
Por definición, así é. O seu fin é gañar o máximo gastando o mínimo, e non se casa con ninguén. Se fose unha ONG outro gallo sería, mais non é o caso. Unha nai non deixa un fillo ó pairo. Unha empresa atopa ós seus na rúa.
Saúdos non mercantiles, vamos, que vos quero moito amigos.

Xaneiro 31, 2007

3
Xan co Can
Explotadores e negreiros! ídevos!!!

Febreiro 12, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.

Image