|
Victoria Díaz
|
Mércores, 07 de Febreiro do 2007 |
Victoria Díaz
|
|
Seguro que todos vostedes saben o que é un eixo de simetría.
O manifesto fundacional de Coruña Liberal di nun dos seus párrafos : “Estannos dirixindo cara unha España asimétrica?”
É curioso, non o escribe xente inculta.
Quérennos enganar unha vez máis.
Imaxinemos que o eixo axial deses individuos estea á altura do vano, dobremos o corpo sobre si mesmo e comprobaremos o asimétricos que son.
Podemos facelo máis doado: o eixo axial colocarémolo desde a punta do pé até cabeza, dobren a eses señores polo seu eixo axial
Cal será o resultado?
Terán, seica, un corazón a ambos lados do corpo?, un fígado dobre?
Sigan imaxinado diversos eixos axiais.
Os nenos que visitaron a Casa do Home puideron comprobar o estraños que parecen cando lles dan unha fotografía dun só lado da súa cara, e repítena polo eixo axial que pasa polo medio do nariz.
Nin un pié, nin sequera unha teta é simétrica á teta do outro lado.
Os xastres, moi finamente adoitaban preguntar ao cliente: de que lado carga vostede?
Os pantalóns tampouco son simétricos.
Os manifestantes do sábado, na Coruña, tampouco eran simétricos, ladeaban cara á dereita e seguramente cargaban á esquerda.
Máis de dúas mil persoas, cicais eran boa xente, que dicían e berraban o que sentían.
Non están pola forza da palabra e teñen todo o seu dereito.
Non están habituados a negociar?
Pero aqueles que baixaron os pantalóns en TVE, que nos ensinaron os seus cuiños e as tetiñas das súas amigas, non é que non saiban, é que se lles “esqueceu”.
A parella de PNN máis famosa e máis antiga da Universidade de Santiago, negociaron de todo: convenios, estatutos, permanencia no seu traballo como axudantes…
Agora, de avoiños, seguen a negociar na Coruña liberal.
Serán, seica, partidarios da Constitución de Cádiz?.
Ou chegando o entroido, e tendo disfrace na casa, serán conservadores disfrazados?
Dicía ben o voceiro do PP da Coruña "Se le pone a uno la piel de gallina"( Eduardo Lamas).
Comentarios () |
|
|
|
|
|