Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Bibliotecas en guerra Imprimir Correo-e
Victoria Díaz   |   Venres, 09 de Marzo do 2007   |   Sinaturas - Victoria Díaz
victoria-diaz Estiven vendo a exposición itinerante que agora está en Coruña, na Biblioteca Pública do Estado (No barrio das Flores, detrás do centro comercial)
Gústame ver as exposicións no sentido das agullas do reloxo.
Nunca souben cal é a razón, pero teño esa teima inconsciente. Noto que os demais, adoitan facelo no sentido contrario.

Impresionoume o ben que nos pode facer a lectura para distraernos do mal e o dano que pode facer a palabra escrita para os dictadores: Para todos os dictadores.
O meter en prisión a bibliotecarios é costume dos dictadores dun e outro signo.
Queima de libros un símbolo, un preámbulo da destrución de persoas.
Que contarlles disto despois do marabilloso libro de Manolo Rivas: Os libros arden mal?


O cheiro pegañento do seu fume, que arrastramos aínda hoxe.
Os libros que mandaron por barco ás escolas da súa vila os emigrantes que aprenderon a ler en América do centro e do sur.
No segundo andar, o último panel refírese á queima de libros no patio da Universidade Central de Madrid no “acto de Fe” 30 de abril 1939.


Entre outras loas está a que segue:
“Con esta queima de libros tamén contribuímos ao edificio da España, Unha, Grande e Libre. Condenamos ao lume aos libros separatistas, liberais, marxistas; aos da lenda negra, anticatólicos; aos do romanticismo enfermizo, aos pesimistas, aos do modernismo extravagante, aos cursis, aos covardes, aos seudocientíficos, aos textos malos, aos xornais chabacanos”. Antonio Lúa, Secretario Nacional de Educación

 

“Letras de fume”

Vaian ver a exposición cando pase perto da súa vila, aprenderán o valor da palabra fronte ás demais armas.
Non puidemos resucitar aos mortos, pero recuperamos a palabra.

Comentarios (1)add
1
Fran
Máis horas de lectura no ensino!!!!

Marzo 10, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image