Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia Imprimir Correo-e
  • Currently 3.1/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 3.1/5 (13 votos totais)

Xabier Pérez Igrexas   |   Mércores, 14 de Marzo do 2007   |   Xabier Pérez Igrexas
xabier
Recentemente tense desatado un polvorín meiático e público, máis artificial que espontáneo, encol do que se ten denominado na Rede como "caso Valadés".

Pedro Gómez Valadés é o Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, AGAI, e era responsábel da área de cultura e lingua da Executiva Comarcal do BNG de Vigo. O problema, por dicilo dalgunha forma, xurde cando se valora o grao de incompatibilidade entre manter ambas responsabilidades, polo risco de contradicción no exercicio desa dupla vertente.
O Bloque Nacionalista Galego non é unha asociación cultural, nen gastronómica, é unha organziación política, democrática e plural, que se rixe polos seus estatutos e que posúe a diferenza de entidades doutro tipo dun ideario propio que é, e debe ser, o denominador común da súa afiliación. Non tería sentido formar parte dunha asociación ecoloxista se un fose propietario ou administrador dunha empresa celulosa contaminante...  A entrada no BNG é libre e individual, ninguén fica obrigado a formar parte do Bloque, pero aquel que decide dar o paso de afiliarse debe cumprir unicamente dous requisitos que emanan do máis sinxelo e simple sentido
común: aceitar e acatar as normas de xogo e compartir o corpus ideolóxico da organización.

O BNG é por definición, e así o ten acordado a súa base militante, unha organización anti-imperialista que proclama o direito universal dos povos á súa libre autodeterminación e que defende unhas relacións internacionais de mutuo respeto en pé de igualdade entre todos os povos e nacións do mundo.

Pedro Gómez Valadés coa súa pertenza como Presidente, e promotor, da AGAI incorre nunha máis que evidente contradicción pola súa calidade de dirixente comarcal do BNG. A posición do BNG sobre o conflicto palestino-israelí é de vello coñecida e fica claramente reflexada na acción política da fronte: Hai un povo oprimido e usurpado do seu dereito á autodeterminación, asoballado por unha potencia militar aliada dos EUA, Palestina; e hai un estado opresor e que permanentemente vulnera a legalidade internacional (asasinatos selectivos, peche das canles de distribución de mercadorías con Palestina, o muro da vergoña...), Israel.

Esa definición, ou descrición en chave de análise política, do conflicto por moi sintética que sexa non é maniquea. O que sí é cínico é equiparar víctimas con verdugos, pedras con tanques, oprimido e opresor, facendolle o xogo aos intereses xeoestratéxicos de Israel e os EUA, (máis cando comeza a verse con claridade a posibilidade real da constitución dun estado Palestino), na procura de apoios internacionais para diluir ao máximo a soberanía dese futuro estado palestino e desfigurar a súa composición xeográfica.

É evidente que o nacemento de loobies pro-israelies, agochados cecais trala demagoxia da amizade entre povos, é unha boa nova para o sionismo, que coa súa maquinaria diplomática, e a súa rede consular, os empregará como satélites do seu aparallo de propaganda, unha vez se decataron de que perderon a batalla das ideas perante a comunidade internacional. Porque un código tatuado no antebrazo hai sesenta anos non lexitima o asasinato da povoación civil palestina.

Escudarse na falsedade de que se está a negar o Holocausto, cando por activa e por pasiva, a esquerda, a galega pero tamén a internacional, desde os seus máis variados espectros ideolóxicos ten condeado con total rotundidade o xenocidio xudeu, é producto dunha artimaña de mercadotecnia do victimismo, e un insulto á intelixencia das persoas.

No fondo o caso Valadés non trata arredor da expulsión ou non dun afiliado do BNG, aspecto que decidirá en tempo e forma, conforme o estatutariamente establecido, a propia organización.

Moi ao seu pesar, Pedro Gómez Valadés non é tan relevante como para ser a pedra de toque deste debate, pese a súa intencionada campaña intoxicación mediática contra da organización que di defender (só hai que escoitar a súa entrevista na COPE con Cesar Vidal, o mesmo que defende un revisionismo da historia de España na liña da doctrina do Movemento, negando a guera civil ou que a Dictadura fose tal...) e pese ao goteo de adhesións e apoios nada espontáneos de intelectuais da progresía, desde Manolo Bragado até Pilar Rahola.

O debate é outro. E Valadés sábeo. Fica claramente definido na Carta Aberta que os seus afíns dirixiron ao portavoz nacional do BNG: "(...) a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista(...)".

O tema non é novo. Cecais o problema é que este tipo de cuestións enquistaron e negan ao propio sentido común. A confusión interesada entre o lexítimo direito á discrepancia e a práctica da disidencia, ou o proceso de desideoloxización que promove un sector do BNG argumentando posicións de tacticismo e pragmatismo na conquista de espazos de poder institucional, entroncan de cheo coa concepción individualista que o propio sistema impón a través da máis sutil violencia estructural de cara a desarticular de facto calquer atisbo de alternativa crítica e posíbel.

É no fondo unha contraposición de concepcións da política ben diferentes.
Dunha banda aqueles que a conciben con perspectiva biográfica, en chave personalista, enfatizando os espazos para a indivualidade, en detrimento do conxunto/colectivo. Doutra os que a entendemos recoñecendo o valor engadido que xera a sinerxia do corpo común, que a concibimos en perspectiva histórica.

O BNG non é unha federación de individuos librepensadores, senon a expresión política organizada, e absolutamente plural, de milleiros de persoas que compartimos arelas e un proxecto transformador/revolucionario determinado por trazos ideolóxicos definidos con rotunda nitidez.

Ninguén lle negou a Valadés nen a ningún afiliado o direito a discrepar interna e publicamente, se for preciso, da liña política que marca democraticamente o conxunto da organización. Pero disidir é separarse, e non hai posibilidade de separarse desde dentro, só cara fora. 

*Xabier Pérez Igrexas, é ex-secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Actualmente participa do movemento veciñal de Vigo e colabora como articulista en diversos medios de comunicación. http://contradiscurso.blogaliza.org

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (2)add
1
Paula
Menuda parrafada

15 de Marzo do 2007 - 22:10

2
Xan co Can
E que por ser o "Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel" implica que esté a defender a política do governo de Israel???

17 de Marzo do 2007 - 22:57

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Xabier Pérez Igrexas(Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais.

Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e  membro da Dirección Nacional de Galiza Nova(organización xuvenil do BNG). Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución
Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…

Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998,
sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.

Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo.

É autor do blog CONTRADISCURSO 3.0. www.contradiscurso.net