Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cando a brétema non deixa ver Imprimir Correo-e
  • Currently 3.3/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 3.3/5 (6 votos totais)

Xabier Pérez Igrexas   |   Venres, 23 de Marzo do 2007   |   Xabier Pérez Igrexas
xabier
Contaronme que o meu artigo recentemente publicado en mundogaliza.com (e que viu a luz tamén noutros medios) baixo o título "O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia" tivo a suficiente sona como para suscitar comentarios do máis diverso tipo, e mesmo a reacción de Manolo Bragado, autor do blog Brétemas  (http://bretemas.blogspot.com).
Marcos Valcarcel tamén me menciona nun texto que vai entre unha especie de manifesto e unha malgama de acusacións, cargadas de nostalxia. Grazas a ambos por ter lido o meu artigo, por facer referencia e publicidade del na Rede e mesmo por calificarme de "valor emerxente" do BNG, inda que modestamente coido que resulta algo exaxerada a calificación.

O certo é que semella que molestou que contestase esa campaña de intoxicación mediática que Pedro Gómez Valadés continua a espallar, aproveitando cada entrevista para poñer o nome dun acusado de "estalinismo". As filtracións intencionadas dos debates do BNG non abondan e Valadés complementaas co que vai camiño de ser unha lista de proscritos.

Sorprendenme estas reaccións, porque resulta paradoxal que cando se asoma unha opinión diferente e contraria á tese mantida por Valadés e o seu grupo de afíns, os que din defender o direito á libre expresión, mesmo aludindo á Constitución Española, carguen as súas plumas contra quen visibilizou que contrariamente ao que de maneira deliberada se pretende difundir desde os amigos de Israel, no BNG somos moitas/os as/os que sen ser sospeitosos de filo-nazismo, nen de ter un talante extremo ou dogmatico, denunciamos que existe unha incompatibilidade evidente entre ser dirixente do BNG e ser presidente dun lobbie pro-israelí.

Falán de linguaxe dos 70, repasan coa nostalxia do victimismo extemporáneo presuntas persecucións a causa do seu presunto pensamento de vangarda... Pero non adican nen unha liña a contrapor argumentos a esos "pobres argumentos" que di Bragado, son o cerne do meu artigo.

En algo teñen razón, algúns gardamos silencio varias semanas, mentras presenciabamos atónitos e decepcionados o espectáculo mediático azuzado por Pedro Gómez Valadés, para conseguir á desesperada un escudo público que inviabilizase calquer tipo de resposta orgánica  e/ou disciplinaria conforme o regulado nos estatutos do BNG. Calamos por respeito e por lealdade para con a fronte da que formamos parte. Calamos por responsabilidade. Pero cando o inexistente e rotundamente falso linchamento a Valadés se convertiu nun linchamento ao BNG, con pulsos ao seu voceiro nacional, cartas e moita prensa, era imprescindíbel remangarse e meterse neste lodazal dialéctico para facer presente que algúns pensamos  diferente.

Hoxe o relator especial da ONU para os Dereitos Humanos en Oriente Próximo, John Dugard, dixo que a ocupación israelí nos territorios palestinos "ten elementos de colonialismo e *apartheid*".  Supoño que Dugard non poderá ser acusado de stalinista instigador de linchamentos, nen de maniqueo.

Hai algo que cando fica claro, algúns non imos amparar ningún apartheid nen a defender estados imperialistas, e menos inda por colgarnos a medalla de neo-progres de vangarda.

Sei que ás veces é dificil ver entre a brétema, pero non hai peor cego que o non quere ver.

*Xabier Pérez Igrexas, é ex-secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Actualmente participa do movemento veciñal de Vigo e colabora como articulista en diversos medios de comunicación. http://contradiscurso.blogaliza.org

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Xabier Pérez Igrexas(Vigo, 07/08/1984) é articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Forma parte de Galiza Nova, a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego e pertence a diversos colectivos sociais.

Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e  membro da Dirección Nacional de Galiza Nova(organización xuvenil do BNG). Foi, así mesmo, membro do Consello Escolar de Galiza e representou aos CAE no Consello da Xuventude de Galiza. Pertenceu ao Consello Local e Comarcal do BNG de Vigo.

Formou parte de diferentes foros e plataformas políticas e cívicas: Plataforma Antitaurina de Vigo, Foro Galego de Solidariedade coa Revolución
Cubana, Plataforma Cidadá Nunca Máis, Instituto Galego de Estudos Veciñais…

Participou activamente do movemento veciñal da súa cidade, Vigo, desde 1998,
sendo Vicepresidente da A.V. Val do Fragoso até o 2007.

Na actualidade é membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova de Vigo.

É autor do blog CONTRADISCURSO 3.0. www.contradiscurso.net