
| O Courel |
|
|
| Adela Figueroa | Luns, 26 de Marzo do 2007 | Sinaturas - Adela Figueroa | |||
Para ceder a explotación dunha canteira, segundo a lei de minas, esíxese que a empresa, a quen se lle concede a explotación, deposite unha fianza que deberia de cubrir económicamente os gastos derivados da recuperación ambiental do terreno despois que terminasen os traballos extractivos. Esto, ademais de ser imposible na realidade, nunca se cumple. Ou a empresa da falencia, ou muda de nome, ou o que é mais común, realiza a explotación sen permiso legal. A inmensa maioria das canteiras, en Galiza, están a traballar sen licenza. Se xa incumplen a primeira das premisas, como van cumplir a derradeira que implica a restauración ambiental unha vez abandonada a explotación?. Alguén coñece algún caso, na Galiza, en que esto se cumplise? Seria un ejemplo. No Courel , non só as canteiras estan a traballar sen permiso, senón que a mais agresiva delas a da Campa, da empresa Cupire Padesa ten unha orden legal de peche.
Aliás a canteira continua a traballar desfacendo a montaña, pondo barrenos perto das casas dos veciños, e desbotando os seus entullos ao rio. O Rio Quiroga xa está perdido, e agora o Lor comeza a estalo tamén. A canteira aproveita apenas o 1-5% o resto e deitado ao medio. Os entullos das canteiras provocan alteracións físicas no entorno por formar unha escombreira de pedras rotas, invadiren cursos de auga, modificaren o terreno, e tamém alteracións de tipo químico, polos contidos en diferentes minerais que as rochas agochaban na sua estructura e que agora son ceibados no meio. Xofre, Ferro, Molibdeno, Antimonio, Arsénico, etc, acaban por envenenar as augas dos rios das montañas, os que outrora eran limpos e ricos en pesca e vida. A única riqueza que deixan as canteiras a ceo aberto, son os poucos postos de traballo que duran o tempo da explotación. Trás de si, as canteiras so deixan destrución e “mal país”. As palabras Desenvolvimento Sustentable, as figuras de Protección do medio como LIC (Lugar de Interés Comunitario) Rede Natura 2000, Parque Natural, Reserva da Biosfera, parecen non contar para o noso ben mais preciado: As Montañas do Courel. Onde se da-até agora- a maior biodiversidade e xeodiversidade de Galiza, onde existen sinais de povoamentos desde a mais recuada prehistoria. Hoxe canteiras que traballan sen licenza, e mesmo con prohibición de actuación están a destruir os seus montes “dos tesos cumes”. Desde ADEGA queremos facer un chamamento xeral a toda a povoación, de Galiza e do mundo para que esta desfeita pare. As persoas que traballan nesas industrias extractivas deberian seren compensadas. Nos pedimos desde a nosa Asociación que se arbitren subsidios e prexubilacións para os poucos traballadores que as canteiras empregan. Pedimos tamén que se faga un plan de desenvolvimento integral do Courel, en que a carne de calidade, as castañas seleccionadas, a madeira e o mel alí producido, sexan comercializados con denominación de orixen. O Courel ainda vende. É coñecido pola maioria da intelectualidade internacional. Mas, se a destrución continua esto xa non seria posible. Darialle mais ingresos ao Courel a promoción dos seus fillos senlleiros ( entre os cuais o noso ben querido Uxio Novo Neira ) que a destrución irreversible das suas montañas , que so benefician aos poucos explotadores das minas. Esiximos, por tanto, un Plan de Desenvolvimento integral do Courel que ten que envolver as diferentes Consellarias:Medio Ambiente, Educación, Industria, Cultura, Medio Rural, Sanidade, Vicepresidencia, e Presidencia da Xunta. O Courel é a nosa riqueza. É a Terra Matria, e está en perigo de desaparecer irreversiblemente. Temos un Governo Galego que, despois de tantos anos de actuar de costas viradas ao País, agora nos da algo de esperanza no futuro. Pedimos, como habitantes desta Terra, que exerza como tal.
Adela Figueroa Panisse, Presidenta de ADEGA e catedrática de Bioloxía.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|
|
||||