Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
17 de abril do 2007 Imprimir Correo-e
Victoria Díaz   |   Xoves, 05 de Abril do 2007   |   Sinaturas - Victoria Díaz
victoria-diaz

Martes 17 de abril de 2007, poderiamos dicir que é un martes de gloria.

De gloria para miles de persoas, para miles de familias galegas que, tocadas pola enfermidade da drogadicción, poderán ser atendidas en centro de saúde como todos.
Serán, oficialmente, doentes. Poderán ser atendidos nos centros de saúde. Como vostede, como eu.

Deixan, dunha vez, na Galiza de ser marxinados, tratados en lugares diferentes, coma se fosen apestados.

O Real decreto 1030/2006 estableceu en toda España que non habería discriminación por razón de enfermidade.  E a Orde 12 de marzo de 2007 regula en Galiza a súa posta en vigor aos 20 días da súa publicación no DOG de 28 marzo 2007.
Non deixarán de traballar os especialistas que ata agora trataron as persoas con drogadicción non alcohólica ou nicotínica.

Supervisarán eles, como sucede con calquera outra enfermidade; os que estiveron nas duras estarán tamén nas maduras.

Os traballadores dos centros de drogadicción son os que mellor coñecen o problema, e saben mellor que ninguén como tratar ao enfermo. Pero desde o día 17 deste abril poderá ser dado e seguido o tratamento nos centros de saúde de cada barrio, de cada concello.

Outro tabú ao lixo - é onde teñen que estar os tabús -

A meu enhoraboa ás nais contra a droga, que loitaron como ninguén para conseguir isto. A miña enhoraboa ao goberno de España e ao da Galiza por habelas escoitado.
Ao fin estaremos ante unha lexislación en materia de saúde que nos enorgullece.
Teremos que seguir avanzando; pero creo que imos por bo camiño.

Estou segura que miles de persoas de esquerdas alegraranse desta noticia, e non soamente as votantes de esquerda, alegraranse todo un cúmulo de boas persoas.
Hai moitas máis boas persoas que os de dobre ou triplo moral.

Unhas pouquiñas sentirán rabia, non queren que se respecte aos tolos, aos toxicómanos, aos inmigrantes, seguirán indo ás casas de “mala nota” para ocultar as súas debilidades.
Aos seus fillos tidos fora do matrimonio chamaranlles bravos (aludindo ao xabaríl).
Peor para eles, compran todo pero non teñen nada.
Non lles queda nin a vergonza.

Nota: O sábado 14 de abril outra boa nova, inaugúrase ás 13 horas Casa-Museo de Casares Quiroga na Coruña, a casa onde viviu na R/Panaderas.
Ás 14:30 comida no Hotel Cidade da Coruña, hai que inscribirse antes do 10 de abril, prezo 25 € pódese pagar na seguinte conta 00720140340000103609

 

Comentarios (1)add
1
Fran
Sanidade sempre para todos, moi ben

Abril 08, 2007

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image