|
F. X. Castiñeira
|
Martes, 10 de Abril do 2007 |
Sinaturas -
F. X. Castiñeira
|
 |
O Consello Escolar da Galiza acaba de sentenciar, ou máis recoñecer, que o idioma galego vai de mal en peor. Isto non é noticia, desgraciadamente.
Anxo Quintana bótalle a culpa aos gobernos do PP na Galiza e á súa pouca predisposición á aplicar a lei de Normalización.
|
Esquece Quintana que tamén desde os concellos hai que aplicar a tal lei e que o pomposo, inútil, rechamante e aloucado Plano de Normalización non é máis que un disparate, froito dun PP nas últimas, que os do bipartito nin sequera aplican nin “nos mínimos”.
Xa o dicía Touriño: “El gallego sólo sirve para soñar”.
Neste mundo onírico, o noso presidente xa pode comezar a espertar e nomear a una conselleira de Educación que polo menos saiba falar galego, e non necesite profesor particular, que revise o papel da TVG, cada vez máis castellanizada, e que el mesmo aprenda algo de galego e que se deixe de andar a falar español en Portugal e Brasil e moito menos recorrer a intérprete.
Comentarios () |
|
|
|
|
|