|
Victoria Díaz
|
Xoves, 19 de Abril do 2007 |
Sinaturas -
Victoria Díaz
|
 |
Os veciños de Val Mesoiro, unha urbanización de PROTECCIÓN AUTONÓMICA próxima ao novo cemiterio de Coruña, son moi exquisitos, e reivindicativos.
Paréceme de marabilla que queiran gestionar o seu barrio, elixir os nomes das rúas, servizos dignos e todo o que desexamos calquera na contorna da nosa vivenda. Pero, sempre hai un pero inxustificable.
|
Son racistas, se cadra non se deron de conta, pero polos seus feitos coñecerédelos.
E como eu adoito ser racista, cos racistas, non quererei preto da miña casa veciños que procedan do Val Mesoiro.
Farei protestas, poñerei carteis, non quererei que os meus netos convivan cos de Val Mesoiro.
Invitarei a todos a bombardear o seu Web con mensaxes de tolerancia.
Non me volvín tola. Pero se eles non consenten que os veciños de Pena Moa teñan pisos na súa urbanización, eu non lles terei respecto.
En Pena Moa, berce da miña avóa materna, hai xente de todo tipo. Na súa maioría adícanse á chatarra e uns poucos venden droga a todos os veciños da cidade ou da periferia que queiran comprala.
Os que venden droga non necesitan pisos de protección oficial. Poden ter bos pisos en calquera lugar da provincia, casas unifamiliares ou ata pazos.
Dicíame fai uns días a miña cuñada, que sorprendíase da cantidade de xente que recibe herdanzas últimamente.
Ela i eu tamén sospeitamos que moitas desas supostas herdanzas, teñen algo que ver con algunha viaxe familiar a lugares onde se pode facer de “camello” por unha vez para pagar a entrada dun piso.
Todos coñecemos xente que teñen dous ou tres curros para poderen pagar a hipoteca.
Pido perdón aos veciños, que de seguro haberá, que non discriminen aos que vivan onde vivan e necesitan unha vivenda de protección.
http://avvnovomesoiro.blogspot.com/2007/03/noticia-de-actualidad.html
Comentarios () |
|
|
|
|
|