![]() |
O vindeiro venres día 19 de outubro ás 20’00 horas terá lugar na Sala Fonseca, sita na rúa do mesmo nome, unha conferencia pronunciada por Mohamed Abdelshankhour sobre as violacións dos dereitos humanos en Darfur (Sudán). |
Mohamed traballou como traductor cuns xornalistas que buscaban evidencias das graves violacións dos dereitos humanos en Darfur. El facilitoulles información e contactos con víctimas de violacións e torturas, axudounos a localizar fosas comúns e pediulles que lle deixasen unha cámara cando eles marcharon.
Despois púxose en contacto de novo cos xornalistas para sacar o material filmado en Sudán. Tras unha serie de vicisitudes, Mohamed, descuberto pola policía, e a súa esposa Hamida, tamén ameazada, están na Galiza. El é considerado unha testemuña moi valiosa pola Corte Penal Internacional e quere tamén divulgar eses videos para sensibilizar á opinión pública acerca da situación de Darfur, e lograr unha maior presión da comunidade internacional sobre o governo de Sudán.
Comentarios (0)

Escribir comentario

Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

