| Despois de reiteradas queixas e de solicitar aos tres grupos políticos do Parlamento que visitaran o Courel para facer as comprobacións sobre o terreo e como se nos respondeu que tiñamos que acudir nós a Santiago, vémonos na obriga de denunciar: |
1. Despilfarro nas plantacións masivas de coníferas pirofitas (piñeiros) que van disparar a violencia dos lumes nos montes de pendentes abismais, por entre as aldeas, habitadas casa unicamente por persoas maiores.
O 25 de outubro de 2006 os Ancares, conseguiron o galardón de Reserva da Bisofera por parte da UNESCO, pero o 26 por a mañá puidemos ler na páxina 16 do diario “El Progreso”, na marxe inferior dereita, a presunta opinión do Delegado da Consellería do Medio Rural de Lugo sobre este título:
“Un urbanita pode emocionarse con estes títulos que teñen glamour, pero a min, que afortunadamente son de aldea, non me emociona nada”
Difícil de entender este descalificativo, máxime cando o BNG de Allariz, promoveu longamente e conseguira esta honra xa no 2005.
E dos ditos os feitos:
Con fondos Europeos, por todos os montes do Courel, bulldozers, tractores, motoniveladoras, …. Plantacións de piñeiros, pistas novas con pendentes imposibles, ampliación das antigas, cortalumes-autovía. Destrución de habitas da Rede Natura, desecación por eliminación da cuberta vexetal, arrastres de terra ata os ríos, … Afección a mámoas, covas, castros,… Actuacións nos perímetros de protección de Froxán e Seceda, as dúas únicas aldeas da Galiza declaradas Ben de Interése Cultural. Atrevéronse incluso coa mesmísima Devesa da Rogueira, onde dobraron o ancho dunha pista do Goberno anterior:
Fotos de setembro do 2008
http://galizanonsevende.org/WordPress/wp-content/pista-2008-bosque-rogueira.JPG
http://www.lavozdegalicia.com/lugo/2008/10/26/0003_7257752.htm
A seguinte foto foi sacada dende o Formigueiros, no máis alto da Rogueira. O monte que se albisca ao fondo é o Piapáxaro, onde a caseta de vixilancia de incendios foi abandonada e xa non se utiliza, non habendo ningunha outra en todo o Concello.
http://es.wikiloc.com/6027/198537/37087_full.jpg
2. Cada ano, cada inverno, lonxe dos hospitais, estradas pechadas pola neve, sen luz, sen teléfono, …. ¿ Como se poden ter as aldeas da montaña sen médico pola noite? ¿ Quen dixo que había que combater o despoboamento do rural ? ¿ Quen dixo que había que mimar a xente dos espazos naturais?
http://www.vieiros.com/nova/70609/o-courel-cando-a-neve-pasa-de-atractivo-turistico-a-pesadelo
3. Xunta e a oposición, esconden o seu maltrato aos traballadores.
Tal e como se vía vir, de golpe pecharon tres canteiras de pizarra das seis que había na Serra do Courel. Trescentos traballadores sen traballo, algúns non poden cobrar o paro porque non foron despedidos e a moitos deles débellen as nóminas de medio ano. A xunta ocorréuselle xestionarlles un crédito que deberán devolver en 18 meses.
http://es.youtube.com/watch?v=75go94YIshw&feature=related
http://es.youtube.com/watch?v=HS4C3Jod16s&feature=related
¿ Onde está a Xunta que legalizaba canteiras só por os traballadores ? ¿ Onde foron parar os fondos de tanta riqueza? ¿Onde están as alternativas?
¿Onde está o superconselleiro nacionalista reclamándolle a Madrid un Plan Miner de alternativas ?
http://www.iaf.es/webiaf.nsf/paginas/36CDA61C123FCF56C12573A1004E5A82?OpenDocument
Estas son as solucións do Sr Conselleiro: deixar as tres canteiras- escombreiras tiradas no medio da Serra, e abrir as que se están tramitando dentro do burato da Rede Natura( ver penúltimo parágrafo):
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/11/04/0003_7283902.htm
O Sr Conselleiro de INNOVACIÓN aínda non se enterou que na Europa rica, están cambiando os teitos de pizarra galega por placas solares e herba para combater o cambio climático.
4. Balance ambiental da Consellería de Medio Ambiente:
A Galiza está a cola económica do Estado e de Europa; e tamén a cola da protección da natureza. Mentres a comunidade autónoma de Madrid achégase ao 40% do seu territorio en Rede Natura, o territorio galego non chega a aportar o 12%, a última comunidade autónoma do Estado.
O Courel con 55.000 hectáreas é o espazo máis extenso representando o 16% da Rede Natura da Galiza. Pero o mellor espazo galego, se a sensatez non o remedia, vai ser destruído por canteiras, plantacións de piñeiros e parques eólicos.
Si, si eólicos!! http://www.xunta.es/Doc/Dog2007.nsf/FichaContenido/1DA3A?OpenDocument
Vista a maraña de intereses que se tecen no Courel, o Conselleiro de Medio Ambiente escapou aos Ancares sen nada que ofrecer e con moita torpeza, para ver se daba tapado o escándalo do Courel e isto foi o que atopou:
5.- Os anti-parque do Courel.
Salvo os pirómanos non coñecemos ningunha organización do Courel en contra do parque natural:
- O Alcalde do Courel(PSOE), aínda que protector de canteiras e piñeirais, é o xefe de Medio Ambiente e Reservas da Biosfera na Deputación de Lugo, iso si, o Courel está dentro do 40% da Provincia que non ten o título da UNESCO.
Curioso ! http://www.lavozdegalicia.com/lugo/2008/04/09/0003_6717990.htm
- O PP, xa fixera unha proposta de parque no 2004
- O BNG local está a favor.
- Touriño dixo que xa paseaba por o Parque Natural do Courel:
Tengo una predilección especial por los parques naturales de Galicia: el Courel, Os Ancares, la costa Atlántica.
(Ver en PERFIL ¿ legusta viajar?)
Me gusta el viaje corto: hacer senderismo, ir a la montaña y perderme por ahí con mi familia y con mis amigos. Tengo una predilección especial por los parques naturales de Galicia: el Courel, Os Ancares,
Queremos que digan que son os que están en contra do Parque Natural do Courel

mercedes
di:
![]() |
O delegado da Consellería de Medio Rural é, efeutivamente, un aldeán que desertou do arado. Con ideoloxía urbanita, todo e que ule a aldeia e biosostibilidade, lle cheira!. Supoño que o seu modelo e reconverter a arquitectura tradicional polo procedemento de facer adosados con garaxe e piscina. Eu penso que merece a condea de viaxar por Europa e ver o que fan cos fondos europeos leader en, por exemplo,: http://www.hautemayenne.org/developpement.htm en |
voto negativo
voto positivo
|

Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame

