MundoGaliza

Cargos do PP en especulación urbanística

( 2 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
 

O grupo municipal do PSdeG de San Cibrao das Viñas (Ourense) denunciou unha suposta armazón empresarial de cargos do PP neste concello ourensán en "negocios de especulación urbanística", segundo afirmou o voceiro socialista, Eladio Fernández.

Eladio Fernández insistiu en que o grupo de goberno neste Concello, do PP, e especialmente a alcaldesa, Elisa Nogueira, e o tenente de alcalde, José Méndez, "priman os intereses privados dalgúns empresarios e colaboradores" en detrimento dos "intereses xerais dos veciños" deste municipio.

O concelleiro socialista manifestou que Méndez Grande "en lugar de dedicarse a isto dedícase a crear empresas privadas del e participar en empresas dos seus colaboradores que están radicadas en construción e promoción inmobiliaria, electricidade, gasolineiras ou hoteis" con domicilio social no Concello de San Cibrao.

Eladio Fernández puxo como exemplo a empresa Promociones Reboredo, propiedade do tenente de alcalde, que se dedica á construción e "ten como socio a outra sociedade, Proico Barreiros, propiedade de Antonio Blanco, que xunto co seu fillo desenvolveron o Polígono Barreiros".

O voceiro socialista asegurou que nas propias actas da Xunta de Goberno de San Cibrao, quedou recollido que "Antonio Blanco Salgado de Promocións Reboredo, solicita licenza para tal ou tal obra". "Este é o lazo de unión da trama empresarial de San Cibrao", afirmou.

O voceiro socialista foi máis alá e acusou a alcaldesa de utilizar "información privilexiada" para a "urbanización de tres áreas de repartición na zona do Piñeiral". Asegurou tamén que a "única urbanización desde a aprobación do PXOM de 2005 que se atopa con licenza de ocupación e que ten máis de 150 vivendas foi construída en terreos do marido da señora alcaldesa".

Fernández asegurou que no Piñeiral se solicitou para tres áreas de repartición a licenza de urbanización en 2001 porque "en 2002 a lexislación cambiaba e a edificabilidade se ía reducir á metade". Ademais, manifestou que "con intención de vulnerar a lexislación e con información privilexiada pediron licenzas para poder construír o duplo", algo que cualificou como "grande negocio do século".

O edil socialista asegurou que nunha destas áreas de repartición aparece unha empresa, "Consernor", que "é a segunda empresa adxudicataria de vivenda pública" no Concello mais que "participa na obra privada en O Piñeiral". "Ademais, no consello de administración da empresa aparece representación de Club Deportivo Ourense, como de Club Ourense Baloncesto, e aí están moitas persoas moi ligadas ao PP desta provincia"; sentenciou.


Comentarios (1)add comment

Aisha di:

É delito?
Si a envidia fora tiña estabades todos tiñados. tendo empresas non van rechazar obras e ganancias, todo o mundo o fai. O problema é de quen non ten os cartos nin as empresas que andan doentes, igual que cando hai oposicións. Se os fillos dos populares tiveron mellor formación, colexios de pago e boas universidades é lóxico que saquen as oposicións eles porque están mellor preparados e igual tamén son máis listos. Saben facer as cousas e equi en Ourense á maioría nos parece lóxico.
 
voto negativo
voto positivo
11-12-2008
Votos: -1

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
Mais pequena | Mais grande

security image
Escribe as letras da imaxe


busy
 


sys