MundoGaliza

Varela minusvalora a cultura galega

( 1 Votos )
smaller textmedium textlarger text
  A voceira de Cultura do grupo parlamentar do BNG, Ana Pontón, lamenta que nas súas primeiras declaracións, o novo Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, amose “o seu desprezo polos creadores e creadoras galegos e por todo aquelo que constitúe unha expresión da cultura propia e un sector económico que precisa de impulso”.

A deputada do BNG amosa o seu descontento coas manifestacións de Varela nas que indicaba que “a cultura galega limita” e subliña que isto revela unha “minusvaloración do propio e un profundo descoñecemento da realidade galega”.

“Agardamos que estas manifestacións non marquen a súa acción de goberno e que sexan froito do ‘jet lag’, dado que o Conselleiro leva moi poucos días na Galiza”, afirma Pontón.

Neste sentido, a portavoz de Cultura lembra que o novo titular desta carteira leva moitos anos vivindo fóra do país e agarda que “rectifique en datas próximas, cando teña un coñecemento máis polo miúdo dos sectores culturais galegos e do traballo que se ten feito no país”.

Ana Pontón lémbralle a Roberto Varela que non vén a exercer a Galiza de Ministro de Cultura, senón de Conselleiro do goberno galego e, por isto, apuntou que o artigo 32 do Estatuto de Autonomía de Galiza indica que é labor da Xunta “a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego”.


Comentarios (1)add comment

mimadriña que fauna !! di:

claro, claro, moi ben polo frijolito nomeando de conselleiro de cultura a un tipiño que nin siquera vive no país. Moi ben, moi ben homiño, este ìmpresentable éche dos que cando voltan á casa dín que "veñen para españa". Vamos, que Galiza nin pola mente lle pasa. Non nos deixan outra alternativa que ir a por eles antes de que fagan algunha animalada, así que a manifestacion de Compostela do día 17 ten que ser masiva, para lle dar a primeira na fronte a esta fauna exógena que nos meteron aquí.
saudiños
 
voto negativo
voto positivo
24-04-2009
Votos: +3

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
Mais pequena | Mais grande

security image
Escribe as letras da imaxe


busy