![]() |
A voceira adxunta do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón, dixo que a enquisa do galego, que foi presentada hoxe, é “a historia dun despropósito que non vale para nada”. A responsable socialista dixo que foi un “instrumento absurdo mal xestionado, mal definido e mal executado e que non é válido como instrumento de consulta ou coñecemento”. |
Barcón dixo que “o que non atopamos na enquisa é a resposta que ten que dar o goberno sobre o idioma no ensino”. Engadiu que “estamos na mesma situación que hai cen días, porque ou o presidente que meteu a Galiza neste problema ou o conselleiro teñen que tomar unha decisión coa mesma responsabilidade que cando tomaron posesión, e igual que decidiron retirar os libros gratuítos para 130.000 familias galegas”.
Esixiu ao presidente da Xunta que explique “qué vai facer agora coas promesas feitas en campaña que sabía que non podería cumprir” e “para qué ten servido utilizar a lingua como elemento de división”.
A responsable socialista advertiu que a enquisa “agora resulta que non é vinculante e o conselleiro nin sequera se dignou a presentala publicamente” e, en calquera caso “di o que din tódalas enquisas nos últimos 30 anos, que os galegos queren maioritariamente as dúas linguas”. Engadiu que “o que non atopamos nos resultados é a resposta que ten que dar o goberno sobre o idioma no ensino”.


Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
