|
Feijóo xustificou a derrogación do decreto do galego no ensino do bipartito porque "Galicia é dos galegos" e subliñou que a consulta realizada aos pais ratifica que "a maioría non o queren". "Queren bilingüismo nos catro niveis educativos e se se pregunta sobre un ensino só en galego ou só en castelán, prefiren castelán", continuou e reiterou que, aínda así, "non cre" nunha segregación "xeneralizada" nas aulas. Daquela, en que crerá? Galiza é dos galegos, o idioma dos galegos é o galego e o feixismo de Feijóo que é? |
Así mesmo, manifestouse "moi contrario a descontextualizar as frases de ninguén", tras ser preguntado acerca de se subscribiría unha sentenza de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao -"eu dígovos que os galegos só imporemos respecto cando aprendamos a vivir con absoluta independencia dos españois"-.
"Non podo subscribilo porque creo que os galegos son españois", sentenciou e resaltou que, en todo caso, Castelao ten "outras moitas frases".
Si, como aquela tan elocuente do "mexan por nós e dicimos que está a chover".
"Castelao é un personaxe que hai que respectar e non patrimonializar", continuou o presidente e avisou de que Galiza "non dá a súa confianza" aos que buscan "apropiarse dela". "Galicia é dos galegos, non dun partido político, e menos dunha forza minoritaria", sentenciou en referencia ao BNG.
Logo tampouco será Galiza do PP, ou si?
Tralos seus primeiros tres meses á fronte do Executivo, o presidente galego marcha de vacacións "satisfeito".
Pode ir ben satisfeito polo seu desgoberno e por acabar con todo canto se tiña avanzado desde a época Fraga, que agora máis de un ten que botar en falta, e satisfeito polo seu antigaleguismo.



Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.