![]() |
Ante a negativa da Consellaría a atender as demandas do profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas e os seus representantes, as organizacións sindicais teñen acordado continuar as mobilizacións nas Escolas Oficiais de Idiomas para exixir a retirada da circular 5/2009 e demandar a apertura inmediata de negociacións na Mesa Sectorial de Educación. |
Para a central resulta inadmisíbel, despois do apoio demostrado polo profesorado á folga e ás concentracións convocadas, demandando a retirada dunha circular que non foi negociada na Mesa Sectorial, que implica un retroceso significativo na calidade do ensino dos idiomas e empeora as condicións de traballo do profesorado, que a Consellaría segue sen atender as lexítimas demandas dos traballadores das EEOOII e por toda resposta difunde mentiras sobre o desenvolvemento do seu traballo.
Por esta razóns, as organizacións sindicais, CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT, ANPE-Galicia e STEG acordaron levar a cabo as seguintes accións:
1.- Dirixir un escrito a Educación solicitando unha entrevista co Conselleiro para que atenda a demanda de retirada da circular e inicie as negociacións sobre as EEOOII, tendo en conta o amplísimo seguimento da folga e para buscar unha saída ao conflito.
2.- Solicitar unha entrevista cos grupos parlamentares para trasladarlles as reivindicacións das organizacións sindicais.
3.- Emitir resolucións das Xuntas de Persoal reclamando a retirada da circular e o inicio de negociacións sobre as EEOOII.
4.- Convocar unha asemblea de todo o profesorado das EEOOII, o martes 22 de setembro, ás 11:30, no IES de Fontiñas, Santiago de Compostela (rúa Estocolmo nº 5), asemblea en que se valorarán as accións realizadas, a situación actual e as posíbeis medidas a levar a cabo para acadar unha solución.
As organizacións sindicais agardan que Educación asuma a súa responsabilidade e retire a circular, sentándose a negociar cos representantes do profesorado.


Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
