MundoGaliza

Feijóo tamén paraliza a universidade

( 1 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
A Voceira de Universidade do Grupo Parlamentar dos Socialistas de Galicia, Concepción Burgo López, acusou ao PP de “mentir novamente” ao rexeitar hoxe un Plan de Financiamento Universitario para o ano 2010. Así o dixo a parlamentar socialista logo do rexeitamento por parte do PP dunha Proposición non de Lei socialista debatida na Comisión de Educación do Parlamento.

 

Burgo sinala que o PP incumpriu o seu compromiso electoral e faltou á palabra do seu presidente de iniciar este mesmo ano a redacción dun novo Plan de Financiamento, que estaría en vigor no ano 2010. Engadiu que “o que é máis grave, néganse a dar unha data de implantación para un novo plan".

Dixo que a universidade “pode quedar paralizada sen un novo plan de financiamento, sobre todo nos proxectos de investigación” e acusou ao PP de “non ter vontade de facer un plan de financiamento”.

Advertiu que a xestión do PP “afoga ás universidades” e “pon en perigo o noso futuro”, e acusou ao PP de fomentar “cidadáns sen espírito crítico, sen formación e sen futuro, porque gobernan mellor así”. Lamentou así a “irresponsabilidade” que supón a “falla de compromiso” de Feijóo coa Universidade, quen, dixo, “realiza un discurso vacío, sen proxecto de goberno nin de país”.

Burgo salientou que en momentos de crise “hai que apostar máis pola Universidade para aumentar a produtividade da economía e afondar na modernización e a formación”, xa que “é o motor do cambio cara unha economía sostida, baseada no coñecemento e a innovación”.

 

 

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar


sys