MundoGaliza

Cargos da Xunta presumen de ignorar o galego

( 6 Votos )
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
A Mesa pola Normalización Lingüística considera unha “mostra do racismo lingüístico que practican os actuais dirixentes do PP” o feito de que cada vez haxa “máis altos cargos da Xunta que presuman de ignorar o galego ou, aínda sabéndoo, se neguen a utilizalo”. A maior asociación cultural de Galiza critica a negativa de onte do director xeral de Mobilidade da Xunta a utilizar a lingua propia do país no Parlamento, mesmo chegando a facer un uso consciente de topónimos ilegais e deturpados, “coa única finalidade de provocar, o que di moi pouco da súa seriedade e responsabilidade”.

A entidade pon tamén como “exemplo desta actitude de desprezo á cooficialidade lingüística á conselleira de Sanidade, que hai tres semanas se negou a responder unha entrevista en galego na TVG”. A Mesa censura que o PP fale “con todo o cinismo e hipocrisía de bilingüismo, cando na realidade unha parte importante dos actuais responsábeis da Xunta son monolingües militantes contra o galego”. A asociación sinala que “hai cargos da administración autonómica que non queren nin aprender a falar galego, e non porque sexa un idioma difícil, senón porque o desprezan profundamente”.

Desde A Mesa, lembran que o Parlamento galego aprobou por unanimidade en 2004, cando ratificou o Plan xeral de normalización da lingua galega, unha resolución que insta a todos os responsábeis da Administración galega a faceren uso normal do idioma propio do país. Alberto Núñez Feijóo era daquela o vicepresidente da Xunta. Nese mesmo sentido vai a Lei de Transparencia da Administración, que estabelece que os cargos públicos autonómicos “usarán normalmente o galego, oralmente e por escrito, nas relacións coa cidadanía”.

Para A Mesa, “estas actitudes de odio cara ao galego demostran a importancia de nos movermos na súa defensa en manifestacións como a convocada para o vindeiro 18 de outubro pola plataforma Queremos Galego”. A asociación, impulsora e integrante de Queremos Galego, chama a que “ninguén que ame a nosa lingua fique na casa este domingo”.

 

 

Comentarios  

0 GalizacapitalBraga 17/10/2009 21:38
E se lhes sair um grão no cu dirão que é do mais “esquisito”
Citar
0 Xandokas 17/10/2009 22:11
... o que lle debería sair e un furunculo na boca para que non poideran falar....... NUNCA MÁIS!!!!
Citar
0 O son do Ar 18/10/2009 04:27
Pero ¿por qué protestamos? ¿porque falen castelán? ¿porque nos estean dando a razón día tras día en que Galiza está sendo gobernada por estranxeiros? ¿porque este fato de vendepatrias e fascistas queiran aniquilar o noso sentimento de estar orgullosos de ser Galegos? Conforme a última pregunta eu digo: que todo aquel que se avergoña de ser Galego, ou de fala-la lingua da Nación, non merece ser herdeiro dunha cultura milenaria que se labrou neste País, nin vivir no mesmo.
O que queira falar castelán, gobernar en Castelán ou executar as leis castelás, que colla a porta e que se largue dunha maldita vez a Castela, Madrid... ¡ ó deserto do resto da península! ¡ que en Galiza non precisamos a exterminadores de culturas, da natureza e a ladróns privatizadores que é o que son: uns malditos ladróns que seguen a roubar as pertenzas dos Galegos para si mesmos.

NA GALIZA EN GALEGO!!!!!!!!! !!!!!!!!!!!! OUVISTES???????????
Citar

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar


sys