Premios Mestre Mateo 2006

Sábado, 24 Febreiro 2007 06:13 Redacción MundoGaliza
( 2 Votos )
smaller textmedium textlarger text
A Academia Galega do Audivisual (AGA) deu a coñecer os candidatos que optarán aos premios Mestre Mateo 2006, entre os que destacan as 15 nominacións "dun franco, 14 pesetas', de Carlos Iglesias, e as nove do filme de animación 'De profundis', de Miguel Anxo Prado.

En rolda de prensa, a presidenta da AGA, María Bouzas, acompañada polo asesor xurídico da asociación, abriu os sobres co nome dos preseleccionados nas 25 categorías. Agora os académicos teñen até o 14 de marzo para elixir, de entre os candidatos, os gañadores.

Así, 'Un franco, 14 pesetas' e 'De profundis' competirán polo premio á mellor longametraxe con 'Mia Sarah', de Gustavo Ron, e 'De Bares', de Mario Iglesias. Os directores destas catro obras, agás 'Mia Sarah', optan tamén a mellor dirección, xunto coa responsable do programa televisivo 'A casa de 1906', Sonia Barros.

Na categoría de mellor guión repiten Miguel Anxo Prado, Carlos Iglesias e Mario Iglesias, que ademais de dirixir, tamén escribiron os textos de 'De profundis', 'Un franco, 14 pesetas', e 'De bares'. A eles súmanse os guionistas de 'A Casa de 1906', Xosé Morais e a propia directora, Sonia Barros.

Ademais, Carlos Iglesias, que tamén protagonizou o seu filme, é candidato a mellor interpretación masculina principal, xunto con Daniel Brühl e Luis Tosar por 'Cargo' e Evaristo Calvo polo telefilme 'A biblioteca da iguana'.

En canto ás candidatas a mellor actriz protagonista, producirase un dobre entre Belén Constela e Mela Casal polo seu papel na serie televisiva 'A vida por diante', e Isabel Blanco e Nieves de Medina por 'Un franco, 14 pesetas'.



Comentarios (2)add comment

mendinho di:

Encantoume De Profundis. O da nominación da casa de 1906 véxoo un pouco por encher.
 
voto negativo
voto positivo
24-02-2007
Votos: +0

Djalminha di:

O meu voto para "De profundis"
 
voto negativo
voto positivo
25-02-2007
Votos: +0

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
strike
url
image
quote
quote
smile
wink
laugh
grin
angry
sad
shocked
cool
tongue
kiss
cry
Mais pequena | Mais grande

security image
Escribe as letras da imaxe


busy