|
Amnistía Internacional non se opón á celebración das Olimpíadas en China e confía en que se tomen medidas urxentes para fomentar un entorno favorabel aos dereitos humanos durante os Xogos de Pekín 2008 e despois destes, tal e como prometeron as próprias autoridades chinesas no 2001, cando se elixíu Pekín como sede olímpica. |
Con este objectivo, a organización presenta “¿Sabes a qué se xoga en China?”, unha nova campaña internacional, que calquera pode apoiar sumándose ás ciberaccións que AI lanzará a través da súa web até a celebración dos Xogos Olímpicos. A primeira ciberacción esixe respecto para os dereitos humanos en China e xa se pode asinar en www.actuaconamnistia.org .
“Se China non toma medidas significativas para garantir o respecto polos dereitos humanos, é probabel que as denúncias de abusos sigan aumentando a medida que se achega o comezo das Olimpíadas, coa conseguinte publicidade negativa non só para China, senón tamén para outras partes interesadas do movemento olímpico, incluídos o Comité Olímpico Internacional e o Comité Olímpico Español, así como para as empresas patrocinadoras dos Xogos”, asegura Esteban Beltrán, director de AI en España.
Non á pena de morte
China leva a cabo case que o 65% de todas as execucións do mundo: no 2006 foron executadas a lo menos 1.010 persoas, aínda que determiñadas fontes elevan a cifra a case que 8.000. Actualmente, son 68 os delictos punibles coa pena de morte, tanto violentos como delictos non violentos de carácter económico (por exemplo, frade fiscal e malversación) ou delictos relacionados coas drogas. Execútase aos condenados a morte disparándolles, habitualmente na nuca e tamén con frecuéncia crecente, por inxección letal.
Amnistía Internacional teme que o uso da inxección letal poida facilitar a extracción de órganos dos presos executados. No 2006, especialistas chineses en transplante de órganos estimaron que case que o 99% dos órganos transplantados poderían ter esta orixe.
Malia as declaracións oficiais que indican que o número de persoas condeadas a morte e executadas descendeu trala revisión do Tribunal Supremo Popular de todas as senténcias de morte en xaneiro de 2007, Amnistía Internacional insiste en que a mellor forma de posibilitar unha análise completa e fiabel das novidades que se produciron en China con respecto á pena de morte, é facer públicos todos os dados. Tamén é esencial maior transparéncia e rendición pública das contas con respecto ao procedemento nos casos particulares de pena de morte.
A pena de mote é un castigo que viola o dereito á vida e, por tanto, menoscaba os principios do “mantemento da dignidade humana”, que está nos fundamentos da Carta Olímpica. Outras preocupacións de AI de cara aos Xogos Olímpicos de Pekín 2008
A celebración dos Xogos Olímpicos ofrece grandes esperanzas a moitas persoas para progresar en materia de dereitos humanos, tanto en China como no resto do mundo. Empero as medidas represivas en contra dos defensores dos dereitos humanos, as alarmantes cifras de execucións, a persecución de médios de comunicación nacionais e ciberdisidentes, o uso da reclusión sen xuíxo como parte das operacións de "limpeza" da cidade antes dos Xogos, ensombrecen a organización destas Olimpíadas.
· Censura
Malia a adopción de novos regulamentos orientados a permitir que os periodistas estranxeiros teñan máis posibilidades de informar sobre acontecementos de interese mediático en China, continúa a campaña represiva en contra dos médios nacionais, e xa son a lo menos 30 os periodistas detidos como consecuéncia directa de realizar o seu traballo.
Así mesmo, persiste a censura sobre Internet que, durante os últimos meses levóu entre rexas a 50 usuários –que se saiba-. Séguense pechando webs e adoptándose severas normas restrictivas. Moitos asuntos ou palabras que se consideran políticamente delicados seguen sendo inabordables, como “represión de Tiananmen do 1989”, “Amnistía Internacional”, “liberdade”, “dereitos humanos”, etc.
Nun país con 162 millóns de usuários de Internet, aqueles que caen na desgracia cos censores, aínda poden ir á cadea ou ser postos baixo vigilancia rigorosa. Actualmente existen en China uns 30.000 axentes que conforman a forza policial especializada en Internet para controlar e censurar a información á que acceden os seus cibernautas, co beneplácito de empresas tecnolóxicas de todo o mundo. O 6 de marzo pasado, as autoridades anunciaron a proibición de abrir máis cibercafés durante o resto do año.
· Represión de activistas de dereitos humanos
Os activistas que informan máis ampliamente de violacións de dereitos humanos, cuestionan directrices consideradas delicadas dende o punto de vista político ou tratan de achegar a outras persoas á súa causa, soportan cada vez máis abusos graves por parte das autoridades chinesas.
A medida que se achegan os Xogos Olímpicos, avogados, manifestantes e activistas de dereitos humanos son cada vez máis frecuentemente hostigados e sometidos a “arrestos domiciliários” e “detencións arbitrárias”. Delictos de ambigua definición, como separatismo, incitación á subversión, alteración do orde público ou filtración de secretos de Estado, empléanse para procesar a persoas que participan en actividades lexítimas e pacíficas na defensa dos dereistos humanos. Por exemplo, e segundo informes, a lo menos 2.000 activistas foron detidos antes e durante a celebración da reunión anual do órgano lexislativo de China, a Asamblea Nacional Popular, que se celebróu do 5 ao 16 de marzo do 2007 en Pekín.
· Detencións sen xuízo
É preocupante que as autoridades utilicen os Xogos Olímpicos como pretexto para ampliar o uso de formas de detención sen cargos, xuízo nin revisión xudicial: a “reeducación polo traballo”, a “custódia e educación” e a “rehabilitación forzosa por drogas”, como parte da campaña “limpar Pekín”. Segundo o destacado avogado Mo Shaoping, só un 30% dos presuntos delincuentes está representado na actualidade por un avogado en China.
Crese que centenares de miles de persoas están internadas en centros de “reeducación” de toda China, sometidas, en moitos casos, a duras condicións de reclusión. Agora mesmo en Pekín, co obxectivo de “limpar” a cidade de cara aos xogos olímpicos, un mendigo, un toxicómano, un taxista sen licéncia ou un repartidor ilegal de publicidade, arríscanse a ser detidos pola policía e permañecer así, sen cargos nin xuízo, de seis meses a catro anos.
Cos dereitos humanos non se xoga
A menos que as autoridades chinesas tomen medidas urxentes, estes sistemas abusivos continuarán afectando a miles de persoas, prexudicarán á reputación internacional de China en materia de dereitos humanos e empañarán o legado dos Xogos Olímpicos de Pekín. Por todo isto, Amnistía Internacional solicita ás autoridades chinesas que:
· reduzan de forma drástica o uso da pena de morte como medida encamiñada á abolición total;
· eliminen os sistemas de “reeducación polo traballo”, “rehabilitación forzosa polo uso de drogas” e “custodia e educación”, garantan o dereito a xuízos coas debidas garantías procesuais e instauren medidas preventivas en contra da tortura e doutros malos tratos;
· garantan a protección dos defensores dos dereiros humanos, e liberen aos presos de conciéncia detidos até de agora;
· poñan fin á censura nos médios de comunicación e Internet.

Twitter
Myspace
Chuza
Digg
Del.icio.us
Yahoo
Technorati
Googlize this
Facebook
Wikio
Meneame
