Fábrica de iogurte ecológico Casa Grande de Xanceda 
Venres, Xullo 18, 2008, 01:42 AM - Videos Curiosos
Esta granja de Mesia é a primeira produtora de leite ecológico da Galiza, e umha das poucas que fabrica iogurtes cremosos 100% naturais.

Desde os seus começos, alá polos anos 60, a granja corunhesa estabeleceu os critérios ecológicos como base da sua produçom. A historia da explotaçom começa quando o intelectual Felipe Fernández Armesto merca a granja, em pé desde o século XVIII, e trae de Canadá 30 vacas. A partir das reses iniciais, mediante a recria, conseguirom manter esse mesmo gado, ampliando-o até mais de 300 animais, que hoje em dia pastam livremente polas 370 hectares de terreno com as que conta a Casa Grande de Xanceda.

Os animais som alimentados com produtos puramente naturais, para obter um leite limpo de pesticidas e herbicidas. Como se fazia tradicionalmente, os donos da empresa decidirom que as vacas puidessem pastar livremente polas extensons da granja, e que fossem mugidas tam só duas vezes ao dia, convertendo-se assi em "vacas felizes", segundo afirma o director gerente da Casa, Guillermo Martínez. "Na Galiza estamos acostumados a ver as vacas nos pastos, e desde fora vem este feito como um passo adiante para que os animais vivam felizes".

A casa principal, datada no século XVIII, foi reconstruída com pedra segundo a arquitectura popular galega e agora converteu-se na imagem de marca dos seus produtos.



1 comentario ( ( 2 vistas ) )   |  ligazón permanente   |  ligazón relacionado   |   ( 0 / 0 )

Día Grande de Galiza na Festa Marítima de Brest 
Venres, Xullo 18, 2008, 01:39 AM - Outros
A Festa Marítima Internacional de Brest, o maior evento de cultura marítima, celebra o Día de Galiza. A delegación galega ten preparada unha programación especial que persegue dar a coñecer o patrimonio marítimo e cultural do noso país, con actos que se desenvolverán durante o día e a noite en terra e na mar.


1 comentario ( ( 2 vistas ) )   |  ligazón permanente   |  ligazón relacionado   |   ( 0 / 0 )

Anxo Quintana esixe que os emigrantes voten en urna 
Venres, Xullo 18, 2008, 01:36 AM - Videos de Política
Anxo Quintana, portavoz nacional do BNG, esíxelle ao goberno que presente unha proposición de lei para que os emigrantes voten en urna.


1 comentario ( ( 2 vistas ) )   |  ligazón permanente   |  ligazón relacionado   |   ( 0 / 0 )

TDT Espanhola recebida en Portugal 
Venres, Xullo 4, 2008, 12:29 AM - Videos Curiosos
Tem sido possível receber a TDT espanhola proveniente da Galiza (Pontevedra e Santiago de Compostela) com alguma regularidade e a distâncias muito para além da zona normal de cobertura dos emissores. Ontem foi possível captar o Mux 40 (Santiago de Compostela) a mais de 270 Km e o Mux 45 (Pontevedra) a mais de 200 Km.


1 comentario ( ( 12 vistas ) )   |  ligazón permanente   |  ligazón relacionado   |   ( 3.3 / 6 )

Intervención da CIG na Asemblea Xeral de Caixa Galicia 
Venres, Xullo 4, 2008, 12:19 AM - Outros
O sábado 28 de xuño tiña lugar unha nova asemblea xeral desta caixa de aforros galega, na que interviu Clodomiro Montero, secretario nacional da CIG Banca e traballador desta entidade, para dar a súa posición sobre a situación laboral en Caixa Galicia.


1 comentario ( ( 13 vistas ) )   |  ligazón permanente   |  ligazón relacionado   |   ( 3.2 / 6 )


Seguinte